luns, 31 de marzo de 2014

Virus

Despois de máis dunha década colocando o heavy metal no primeiro plano, en 1996 Iron Maiden publicaban por primeira vez un recompilatorio coas mellores cancións da súa discografía, unha ollada retrospectiva que servía para facer balance de quince anos dunha banda moi activa que non tiña nin a máis mínima intención de parar, porque o ano anterior editaran un novo disco e xa estaban preparando outro con cancións inéditas que sairía en 1998. Entre tanto, Best of the Beast cumpría a súa función de achegar ós fans de Iron Maiden que se foron sumando nese período as mellores creacións dos londinienses, e como todo bo recompilatorio que se prece, non podería faltar algún tema inédito que sirva de gancho para animar as vendas, e neste caso, "Virus" foi a canción encargada da promoción dos grandes éxitos de Iron Maiden.


Cos primeiros acordes de "Virus", comeza a canción de Kosheen "I Want It All" e que vai ser a base da canción do grupo de Bristol. A canción pertence o álbum de debut,  Resist (2001).

Ningún comentario:

Publicar un comentario