Co éxito acadado en Estados Unidos co álbum Listen Like Thielves (1985), a carreira de INXS despegou en todo o mundo co seguinte traballo discográfico dos australianos. Kick, que veu a luz dous anos despois, era o primeiro disco da banda de Michael Hutchance que se editaba tamén en Europa e por tanto, as expectativas esixían polo menos unha boa parte de cancións capaces de emocionar a unha crítica, que de pronto, vira fixada a súa atención naquel grupo que recordaba vagamente no seu estilo a T-Rex. E INXS non defradou. Entregaban en 1987 o seu mellor disco ata o momento cunha colección de cancións que hoxe non faltan en calquera recompilatorio sobre a banda australiana. Das cancións máis tranquilas de Kick, "Mystify" foi o último single extraído do álbum.
No ano 2010 apareceu no mercado un disco tributo a INXS titulado Original Sin con novas versións das cancións do grupo. En realidade, está feito polos propios integrantes da banda, que contaron coa colaboración doutros artistas que puxeron a voz. Unha das versións máis interesantes é a de "Mystify", un dos temas que xunto con "Never Tear Us Apart", está cantada en francés. No caso de "Mystify", a francesa Loane é a encargada desta nova versión, que ademais contou coa participación de John Mayer á guitarra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario