A discografía de Al Green consta de tan fantásticas cancións que sempre é difícil elixir unha. Non obstante, calquera que coñeza un pouco a traxectoria deste músico orixinario de Arkansas non dubidará en sinalar que "Take Me to the River" é un tema imprescindible, unha verdadeira xoia do soul dos anos 70 e unha das mellores cancións desa década da música en xeral. Pero sorprendentemente cando se publicou o álbum na que está incluída, Al Green Explores Your Mind (1974), nin sequera se escolleu coma single, quedando relegada na listaxe dos temas do álbum coma unha máis, pero pouco a pouco, "Take Me to the River" foi gañando o lugar que lle correspondía.
http://youtu.be/Pmn2KDiW-kE
O caso foi que a discográfica de Al Green cedeulle esta canción a outro músico, Syl Johnson, que si a editou como single no álbum Total Explosion (1975) e chegou ós primeiros postos das listas de Estados Unidos. Ó pertencer á mesma compañía que Al Green, Syl Johnson gravouna cos mesmos músicos, pero a principal diferenza coa versión orixinal é que a de Syl Johnson introduce unha harmónica que lle dá un novo matiz á canción.
http://youtu.be/VyUE8LXNIFM
Un ano despois aparece a primeira versión en clave rock da man de Foghat no álbum Night Shift (1976).
Un ano despois aparece a primeira versión en clave rock da man de Foghat no álbum Night Shift (1976).
http://youtu.be/nXVq7VNUPx0
E en 1978 no segundo álbum de Talking Heads More Songs About Buildings and Food, aparece outra exitosa versión de "Take Me to the River".
E en 1978 no segundo álbum de Talking Heads More Songs About Buildings and Food, aparece outra exitosa versión de "Take Me to the River".
Annie Lennox tamén a gravou para o seu álbum de versións Medusa (1995).
Pero á marxe das versións, cómpre non esquecerse do tema de Lou Reed "Teach the Gifted Children", que pecha o álbum Growing Up in Public (1980). A canción en si é todo un tributo á de Al Green cun son moi parecido, que na parte final incorpora os coros de "Take Me to the River".
Ningún comentario:
Publicar un comentario