Co quinto disco Bringing It All Back Home (1965), Bob Dylan afianzábase como un paladín do folk ó que non era doado facerlle sombra. O nivel compositivo e poético de Dylan chegara a un punto en que case calquera canción saída da súa man estaba á altura da poesía que se publicaba nese momento e a súas letras lograban emocionar a unha sociedade que sentía que os tempos estaban cambiando. A canción que pecha o disco, "It's All Over Now, Baby Blue", non tardou en ser versionada, como ben sucedía coa meirande parte das cancións de Dylan, e moitos teóricos atoparon un bo pasatempo conxecturando sobre a identidade dese Baby Blue á quen está dedicada a canción. Non obstante, Bob Dylan nunca se pronunciou sobre o particular, polo que o misterio aínda continúa hoxe.
http://youtu.be/Uz9BAE1FZGM
Sería difícil facer unha lista pormenorizada de tódalas versións que se gravaron de "It's All Over Now, Baby Blue", debido as excelentes interpretacións que hai, pero quizais haxa que quedar coa de Them, xa que a versión que a antiga banda de Van Morrison no álbum Them Again (1966) é das máis orixinais e deu lugar a novas versións da canción a partir desta.
http://youtu.be/OQiMxD4fvhw
E da de Them non só se derivaron novas versións, senón que tamén deu lugar a novas cancións totalemente novas, que xa pouco teñen que ver coa orixinal de Bob Dylan. A máis coñecida é a de Beck "Jack-Ass", pertencente ó álbum Odelay (1996).
http://youtu.be/2HMhfdfxR98
A outra tamén coñecida é a do grupo de hip hop Insane Clown Posse "Another Love Song", single tomado do álbum The Amazing Jeckel Brothers (1999) e que toma elementos da canción de Beck sen perder a referencia da de Bob Dylan.
http://youtu.be/YfxDhNysSpg

Ningún comentario:
Publicar un comentario