O dúo formado por Daryl Hall e John Oates empezou a súa andaina musical a mediados dos anos 70, pero sería unha década maís tarde cando a súa sona se espallase por medio mundo a través de cancións tan sensacionais como "Maneater" e que pouco a pouco, foron callando na memoria colectiva ata facer de Hall & Oates un dos grupos máis coñecidos, ademais de que outros artistas non dubidaron en contar con eles para que lles botasen unha man nos seus respectivos traballos discográficos. O apoxeo que supuxo "Maneater" comezou a xestarse uns anos antes, e xa no noveno disco de Hall & Oates, Voices (1980) se podía apreciar algunhas das cancións máis famosas destes dous compositores, como é o caso de "Kiss on My List", cun son que mesmo chegou a condicionar algunha canción posterior de Hall & Oates.
Algúns críticos sinalaron que no seguinte disco de Hall & Oates, Private Eyes (1981), a canción que lle dá título ten un ritmo moi semellante a "Kiss on My List", coma se fose un recordatorio dese éxito.
Pero se hai unha canción que segundo os propios Daryl Hall e John Oates, ten unhas reminiscencias moi evidentes de "Kiss on My List", esa é o gran éxito de Van Halen "Jump", pertencente ó álbum 1984 e que se publicou en decembro de 1983. O certo é que o son tan característico desta canción da banda de Eddie Van Halen lembra por momentos a "Kiss on My List", moito máis do que Hall & Oates conseguiron con "Private Eyes".
Ningún comentario:
Publicar un comentario