Desde que se formaron en 1983 ata que publicaron o primeiro disco tres anos despois, The Housemartins pasaron por un baile de componentes que finalmente rematou en 1985 cando a banda logrou a estabilidade necesaria para sacar adiante o proxecto. Precisamente foi un dos últimos membros en chegar, Norman Cook, quen acabaría por ser unha das caras máis recoñecibles de The Housemartins, e co paso dos anos, case o protagonista absoluto dunha banda que aínda se ter un recorrido moi longo, deixou cancións dificilmente esquecibles e que hoxe forman parte da banda sonora da década. En 1986 lograban debutar por fin con London 0 Hull 4, que se abre cunha das cancións máis ledas e optimistas de The Housemartins, "Happy Hour".
Barenaked Ladies renden unha sentida homenaxe á canción de The Housemartins no tema "Hello City", que abre o primeiro disco dos canadenses Gordon (1992). De feito, rematan cos acordes e o retrouso de "Happy Hour", pero toda a canción rebosa o son de The Housemartins.
Ningún comentario:
Publicar un comentario