Tommy Tutone é unha banda de pop que como moitas outras ó longo da historia, só conta na súa carreira cunha canción que chegou ó máis alto. É o que os anglosaxóns coñecen como un one-hit wonder, pero ademais os membros de Tommy Tutone viron incrementada á popularidade do seu único éxito cando notaron que unha canción allea parecía reproducir parte da melodía, o que podía supoñer un caso de plaxio. E se por riba o suposto copión é alguén da talla de Bruce Springsteen e a canción, o single de lanzamento dun novo disco, non digamos ata que extremos pode chegar a falarse de novo dunha canción case esquecida. Porque o certo é que "897-5309/Jenny", pertencente ó segundo álbum de Tommy Tutone Tommy Tutone 2 (1981), acadara moita popularidade en Estados Unidos no seu momento e moitas bandas posteriores coma Nirvana e Goo Goo Dolls chegaron a gravala, mais no resto do mundo apenas se coñecía e só se empezou a falar dela a raíz da polémica, cousa que en certa medida tivo o seu lado positivo, pois dese xeito, aparecía a oportunidade para achegarse á discografía dunha banda descoñecida para unha gran maioría.
http://youtu.be/ON56AKnqbog
Porque a sorpresa que deberon de sentir Tommy Heath, líder de Tommy Tutone, e o seu ex-compañeiro na banda, Jim Keller, coautor de "867-5309/Jenny" xunto con Alex Call ó escoitar "Radio Nowhere" tivo que ser enorme. O gran Bruce Springsteen presentaba con esa canción o álbum que publicou en 2007 Magic. Non cabe dúbida de que o comezo da canción é case calcado ó da de Tommy Tutone.
http://youtu.be/6nSwjZY9wf0

Ningún comentario:
Publicar un comentario