Parecía que tras o excelente momento que viviu o punk máis comercial a mediados dos 90, as propostas de grupos como Green Day e Offspring quedaban un pouco desfasadas a finais desa década, pero eses mesmos grupos seguían tendo unha fantástica acollida entre os fans que conquistaran un lustro atrás. Talvez por iso queda a impresión que discos coma Warning, que Green Day publicou en 2000, é un dos máis frouxos na discografía da banda de Billy Joe Armstrong. Pero sería inxusto non recoñecer que en Warning tamén se encontran algunhas composicións dignas de mención. Sen ir máis lonxe, "Waiting", terceiro single extraído, agocha unha curiosidade respecto á melodía que non deixa de sorprender os melómanos. E é que lembra moito a dúas cancións cuxos estilos non se teñen ningún tipo de relación co estilo de Green Day.
http://youtu.be/bRu__STzDs0
Esas dúas cancións ás que "Waiting" tivo a fortuna de unir non se parecen moito entre elas e de feito "Waiting" amosa un vínculo que ata ese momento non existía entre ambas. A primeira é o famoso tema de Bobby Freeman "Do You Want to Dance?", de 1958 e que conta cun sinfín de versións, entre elas a dos Beach Boys, que quizais foi á que lle deu máis transcendencia. En calquera caso, esta é a orixinal, e non fai falta fixarse moito para apreciar a similitude que a canción de Green Day garda con ela.
http://youtu.be/4T6XIBIjKck
Á segunda tamén se lle pode aplicar o mesmo que á de Bobby Freeman. Nesta ocasión falamos da canción de Petula Clark "Downtown", incluída no álbum do mesmo título que a cantante inglesa publicou en 1964. É unha das cancións máis versionadas e "Waiting" garda algún trazo que devolve á memoria o son de "Downtown".
http://youtu.be/z_m4Qb0iW-o

Ningún comentario:
Publicar un comentario