Como temos visto en varias ocasións, moitas cancións blues están conectadas entre si, mesmo cando parece que non gardan relación, pois ás veces, as novas versións teñen novos títulos ou ben presentan certos matices que a afastan en parte do modelo orixinal. "Someday Baby Blues", tema de Sleepy John Estes gravado en 1935 é deses que deu orixe a novas versións con variantes que en principio levan a pensar que se tratan de cancións diferentes. "Someday Baby Blues" ten un son moi apegado ó country, unha característica que en cambio, non se mantén nas versións posteriores, que optan por un son blues máis clásico, case sempre seguindo as pautas do blues de Chicago.
http://youtu.be/pcfo3xcDoS0
A primeira canción blues inspirada en "Someday Baby Blues" foi a composición de Big Maceo Merriweather de 1941 titulada "Worried Life Blues", e como se pode apreciar, non quedan vestixios de country, e "Worried Life Blues" está considerado hoxe como un dos grandes temas blues.
http://youtu.be/4IRrYOtmFHw
Tampouco desmerece a versión de Charles Brown en 1949, co nome "Trouble Blues", máis emparentada coa de Big Maceo que coa de Sleepy John Estes, xa que "Worried Life Blues" acadou unha inmediata notoriedade dende o momento que se publicou.
http://youtu.be/PKMEzu5j-gA
Muddy Waters imprimiulle o seu estilo a "Trouble No More" en 1955. O toque da harmónica é todo un acerto que fai da versión de Muddy Waters un tema case diferente.
http://youtu.be/FIhtOlNleiE
Tamén sen renunciar ó estilo que o encumbrou como un dos grandes pianistas do século XX, Ray Charles ofrecía a súa particular versión co título "Someday Baby" no álbum The Genius Sings the Blues (1958). Neste caso, Ray Charles remite a orixe do tema de Sleepy John Estes.
http://youtu.be/JCIyabf_xng
A versión máis animada de todas é a de B.B. King titulada "Ain't Gonna Worry My Life Anymore" no álbum Indianola Mississippi Seeds (1970). B.B. King xa gravara unha versión dez anos antes chamada "Someday Baby", pero esta vez decidiuse por un estilo máis libre. Aínda a volvería a gravar en 2000 xunto con Eric Clapton, outro dos músicos que sempre mostrou unha clara preferencia por este blues.
http://youtu.be/Zej8kzU7rsE

Ningún comentario:
Publicar un comentario