Non é ningún segredo que Johann Sebastian Bach é un dos compositores clásicos favoritos de tódolos tempos e a "Tocata e Fuga en D Menor", publicada en 1833, unha das pezas imprescindibles na cultura popular contemporánea. Tanto no cine coma na música, a "Tocata e Fuga en D Menor" foi reproducida ata chegar a ser unha das pezas máis coñecidas de Bach, que en moitos casos se pode considerar un músico comodín, pola cantidade de veces que aínda hoxe se recorre a súa obra como fonte de inspiración. E todo iso sen esquecer que está concebida para un instrumento coma o órgano, que tampouco é dos que máis habitualmente se empregan hoxe na música popular.
http://youtu.be/IVJD3dL4diY
Unha das cancións máis orixinais baseadas nesta composición de Bach é a instrumental en clave rock que Jon Lord, componente de Deep Purple, titulada "Bach Onto This", no álbum en solitario deste rockeiro Before I Forget (1982).
http://youtu.be/l9OFZ9Mh7GA
Michael Cretu tamén escolleu esta peza de Bach para darlle comezo á canción "The Rivers of Belief", nun dos discos máis coñecidos de Enigma, MCMXC a.D. (1990).
http://youtu.be/Xqb18bqNtEw
Do mesmo xeito comeza a canción de Blondie "No Exit", que lle dá título ó album co que a banda de Debbie Harry volvía o panorama musical en 1999 despois de máis dunha década de silencio. Cun son entre o rock e o hip hop, Blondie contaron neste tema coa colaboración de Coolio.
http://youtu.be/ZGrK0bil4lI
Pero a música de Bach non é a do único compositor clásico que se pode apreciar na canción de Blondie, xa que tamén hai un pequeno fragmento da coñecida peza orquestral de Edvard Grieg, " I Dovregubbens", composta para a obra de Ibsen Peer Gynt, de 1876.
http://youtu.be/uQxsyA6s90Y
Volvamos de nova á obra de Johann Sebastian Bach, que tamén inspirou a Matt Bellamy en "Plug In Baby", tema que aparece no álbum Origin of Symmetry (2001). Os acordes do comezo remiten igual que as cancións anteriores á famosa Tocata.
http://youtu.be/Vsapab5LwcY

Ningún comentario:
Publicar un comentario