Cando Genesis estaba gañando certa estabilidade trala marcha de Peter Gabriel, Phil Collins teimou en que el tamén quería ter a súa carreira á marxe do grupo. Significaba iso un novo seísmo nunha das bandas con máis estilo do Reino Unido? Nin moito menos, porque Phil Collins só se estaba tomando un respiro e en ningún momento tivo intención de deixar de lado ós compañeiros. Genesis paraba para coller novos folgos. E dese modo, en 1981 aparecía Face Value, o primeiro disco en solitario do famoso batería e vocalista de Genesis, e Phil Collins presentábao cunha potente canción que escribira en 1979 tralo divorcio da súa primeira muller. Co paso do tempo, "In the Air Tonight", está considerada un dos mellores temas de Phil Collins.
http://youtu.be/YkADj0TPrJA
Como todo bo tema onde a batería é o instrumento que sobresae por riba dos demais, "In the Air Tonight" atopou un fácil acomodo nas composicións dos artistas de hip hop, que souberon adaptala ó seu estilo, pero igual sería demasiado pesado ofrecer unha selección destes temas. Non obstante, imos quedar con dúas cancións, que lle deben moito a "In the Air Tonight". A primeira, sen empregar anacos da canción de Collins, si ten un son que parece beber directamente dela. Trátase do tema de Beck "Nicotine and Gravy", que aparece no exitoso álbum Midnight Vultures (1999).
http://youtu.be/EzZ0hfFrQW0
A segunda é un tema de hip hop, que exemplariza ben o emprego de "In the Air Tonight. Eliximos o que aparece no disco homónimo de Sean Kingston en 2007, co título de "I Can Feel It".
http://youtu.be/IFynEDADJig

Ningún comentario:
Publicar un comentario