No Reino Unido Neil Innes é unha figura recoñecida sobre todo polo seu papel de cómico, que desde os anos 60 levou o seu humor ós fogares británicos en proxectos musicais coma The Bonzo Dog Band, facendo cancións satíricas non exentas de enxeño que mesmo levou a Innes e o seu compañeiro Vivian Stanshall a escribir para os Beatles a paródica "Death Cab for Cutie"e tamén lle valeu traballar cos Monty Python. Pero Neil Innes nunca esqueceu que el era tamén era sobre todo músico e en 1973 publicou un álbum en solitario co título How Sweet to Be an Idiot no que Innes non renuncia a parte do humor que o fixera tan popular. A canción que lle dá título volveu á boca da crítica en 1994, aínda que por motivos que non tiñan moita graza, sobre todo para Neil Innes.
Por esas ironías da vida, o que menos podía esperar Neil Innes era que unha das bandas do momento coma era o caso de Oasis collera unha pequena porción da melodía da súa canción para incorporala a canción "Whatever", single publicado á marxe do álbum Definitely Maybe que estaba dando a coñecer a banda de Manchester en toda Europa. Neste caso, os irmáns Gallagher xa mostraban certa querenza por esta forma de render tributo a outras cancións e que co tempo se faría habitual.
Ningún comentario:
Publicar un comentario