O movemento pust-punk deixounos para o recordo a bandas tan grandes coma The Clash e The Jam no Reino Unido, pero asemade noutros lugares coma nos Estados Unidos outros grupos apuntábanse a esta tendencia sen acadar os mesmos niveis de recoñecemento que fixeron destas bandas británicas emblemas dun son na década dos 80. Non obstante, o nome dalgunhas daquelas bandas aínda resoa nos oídos dos máis nostálxicos grazas a algunha canción que por un ou outro motivo chegou a ter máis repercusión que os propios autores que a puxeron en marcha. Iso foi o que aconteceu con Liquid Liquid, unha banda de Nova York que debutou en 1981. Dous anos despois editaban o segundo EP Optimo, que contén a canción pola que aínda hoxe son recordados, "Cavern". A canción en si non ten nada de especial, pero pouco despois de que se publicara, unha banda de hip hop, a Sugar Hill House Band fixo unha versión en directo que lle daría a chave da posteridade á canción de Liquid Liquid.
http://youtu.be/Hkrpqx_5dAk
A interpretación desa versión de "Cavern" callou especialmente na discográfica Sugar Hill Records, que fora quen puxera en marcha esa versión. A ela pertencía o rapeiro Melle Mel, que xunto con Sylvia Robinson, escribiu a canción "White Lines (Don't Don't Do It)" engadindo a base da versión de "Cavern". "White Lines (Don't Don't Do It)" editouse como single en 1983 e tivo o éxito suficiente para traspasar os límites das listas de hip hop. Non era para menos, a letra da canción é todo un alegato contra as drogas, unha lacra que por desgraza, sempre estivo asociada ó movemento hip hop.

"White Lines (Don't Don't Do It)" conta cunha fantástica versión de Duran Duran no álbum Thank You (1995) co que a banda de Simon Le Bon repasaba algunha das súas cancións favoritas. Máis rockeira que a orixinal, a versión de Duran Duran contou tamén coa colaboración do propio Melle Mel.
http://youtu.be/VmIN9ulmy-E
E como non, moitos artistas, especialmente os que se dedican ó hip hop, enseguida a samplearon. O primeiro exemplo que vos ofrecemos é o de Kon Kan, un músico de electropop, que en 1989 publicaba o disco Move to Move onde a canción "Arts in D Minor (Harry Houdini)" colle un anaquiño do son de "White Lines".
http://youtu.be/Zvvz7jCpWmU

Ningún comentario:
Publicar un comentario