Disposto coma poucos a remover as bases do funk, Jay Kay situou o nome do seu grupo, Jamiroquai, como unha das claves para entender cara ónde estaba evolucionando este estilo durante a década dos 90. A proposta de Jamiroquai foi mesturalo co acid jazz, que daquela atravesaba un momento de apoxeo. Deste xeito, a irrupción de Jamiroquai foi recibida con moita expectación e boas críticas que se culminaron coa aparición do terceiro álbum Travelling Without Moving (1996), co que o proxecto de Jay Kay se asentou en medio mundo, tras triunfar en toda Europa desde o Reino Unido. O terceiro single do álbum, "Alright" é unha das cancións máis aclamadas, pero cómpre ter en conta que tampouco é das máis orixinais que saíron do traballo de Jay Kay, xa que está baseada en dúas cancións funk antigas.
http://youtu.be/duKnVJFaveE
Unha delas é a de Eddie Harris "It's All Right Now", que ademais da idea para o título, achégalle á canción de Jamiroquai parte do retrouso. Abre o álbum That Is Why You're Overweight (1976).
http://youtu.be/7lZvuquxoPk
A outra, máis evidente se cadra, é a de Idris Muhammad "Could Heaven Ever Be Like This", do álbum do mesmo titúlo publicado en 1977. O son e parte da melodía de "Alright" está tomada deste tema, un dos máis coñecidos de Idris Muhammad.
http://youtu.be/0yiMY1OARQU

Ningún comentario:
Publicar un comentario