Antes da súa fulgurante carreira en solitario, Lionel Richie gozou da popularidade pertencendo ó grupo de disco funk Commodores, que animaron coa súa música as pistas de baile dos anos 70. Commodores naceron auspiciados pola factoría da Tamla Motown, garantía suficiente para saber que tanto a produción musical e os arranxos vocais ían estar perfectamente coidados, algo que se reflicte na súa discografía. No quinto disco, de 1977, que leva o mesmo título do grupo, destaca a canción "Brick House", unha das mellores de toda a carreira e tamén das máis recordadas. E iso que "Brick House" non se distancia demasiado doutras cancións do mesmo estilo que se facían nesa época. O son leva o selo inconfundible da Motown ó tempo que se emparenta cos traballos de Donna Summer e de James Brown, e anticipaba o traballo discográfico de Chic, que facían da década unha etapa dourada para o funk.
Sen dúbida, no quinto disco de No Doubt, Rock Steady (2001) Gwen Stefani quixo homenaxear aquela época do funk e por iso escribiu xunto co seu compañeiro de banda Tony Kanal e mais con Pharrel Williams e Chad Hugo "Hella Good", cuxo son remite ó son funk dos 70 baseándose sobre todo na canción de Commodores .
Ningún comentario:
Publicar un comentario