Hai películas que ás veces pasan á historia da música por incluír unha banda sonora moi ben traballada ou simplemente, unha canción incluída nela trascende os límites do cinema. Na estensa carreira do director David Lynch, a película Eraserhead de tintes góticos posiblemente non sexa unha das máis recordadas, pero a canción que interpreta un dos personaxes, "In Heaven (Lady in the Radiator)" ten a suficiente forza para inspirar novos temas, ademais de que moitas bandas de rock gótico a citan como unha das favoritas. Con toda probabilidade, o seu autor Peter Ivers, que tamén se encargou de pórlle a voz na película non imaxinou o éxito desta canción.
http://youtu.be/9lfzuBij18w
Os trazos de "In Heaven" atopánse en cancións como a de Modest Mouse "Workin' on Leavin' the Livin'" que aparece no recompilatorio Building Nothing Out of Something (2000).
http://youtu.be/fpqH0_FwBh4
Dous anos despois ía aparecer a que quizais sexa a versión máis exitosa de "In Heaven". Levárona a cabo os incribles Pixies no EP epónimo que a banda de Boston editou en 2002.
http://youtu.be/s2WhbTyvLYU
Outra canción que destaca pola influencia que recibe do tema de Peter Ivers é a canción de Rubella Ballet "Slant and Slide", pertencente ó recompilatorio Gothic Rock - The Ultimate Collection que remata precisamente co retrouso de "In Heaven".
http://youtu.be/9I1RQ53t6V0

Ningún comentario:
Publicar un comentario