Tras consolidarse durante os 80, o hip hop seguiu evolucionando ó fusionarse con outros sons que ían máis aló do rap, xénero primixenio de onde saíu o hip hop. Cada vez máis, os novos grupos buscaban experimentar con outros estilos coma o soul, as vellas melodías do doo-wop, o jazz, pero tamén con outros tan afastados coma a electrónica, o que acabou dando lugar a unha corrente que a crítica bautizou como trip hop. Un dos grupos impulsores que acabou creando escola foi Massive Attack, que xa coa publicación do álbum de debut Blue Lines (1991), apostaban forte por esta nova tendencia. O disco ábrese con "Safe from Harm", unha das cancións máis fermosas da discografía de Massive Attack, que como ía ser frecuente nos traballos deste grupo, recolle elementos doutras cancións máis antigas.
http://youtu.be/J0MYYQ0ymYo
A crítica non se pon de acordo respecto ás cancións que realmente influíron na elaboración de "Safe from Harm". Hai quen sinala que a canción de Johnny "Guitar" Watson "Looking Back" (1961) inspirou a parte vocal, aínda que moitos, incluídos nós, se mostran escépticos con esta afirmación.

http://youtu.be/mrY0XnTpe3k
Tamén se apunta que o tema de Funkadelic "Good Old Music", pertencente ó álbum epónimo de 1970, tivo moito que ver na execución final de "Safe from Harm".
http://youtu.be/c-BHH7GoVrg
Tamén se apunta que o tema de Funkadelic "Good Old Music", pertencente ó álbum epónimo de 1970, tivo moito que ver na execución final de "Safe from Harm".
http://youtu.be/c-BHH7GoVrg
Outra canción da que se adoita dicir que deixou rastro nesta canción de Massive Attack é a de Herbie Hancock "Chameleon", de 1973, que por outra parte sabemos que é un dos artistas favoritos non só de Massive Attack, senón doutros coma Beck, que tamén acabaron recorrendo a ela, como xa vimos na entrada dedicada a "Cellphone´s Dead". En cambio, si hai unanimidade con "Stratus", a canción de Billy Cobham pertencente ó álbum Spectrum (1973), de onde Massive Attack toman boa parte da instrumentación para aplicala a "Safe from Harm".
Ningún comentario:
Publicar un comentario