Para o acostumados que estaban os rapaces de Pink Floyd a ofrecer cancións longas que sobrepasaban amplamente os cinco minutos, Oscured by Clouds (1972) contén unha colección de temas en que a máis longa apenas chega ós seis minutos. Talvez debido a que nesa ocasión o álbum ía formar parte da película francesa La Vallée, David Gilmour, Roger Waters, Richard Wright e Nick Mason deixaron aparcados algúns dos proxectos cos que elevaban o rock progresivo á categoría de arte. De feito ó ano seguinte Pink Floyd editaría o colosal The Dark Side of the Moon (1973), unha verdadeira obra mestra. Pero tampouco se pode considerar que Oscured by Clouds sexa un traballo menor na discografía da banda británica, pois hai algunhas das mellores creacións formadas polo tándem Waters/Gilmour; e tamén algunha curiosidade. O corte 3 "Burning Bridges" ten unha melodía semellante a do tema instrumental que ocupa o corte 6 "Mudmen".
Podería dicirse que "Mudmen" é a versión instrumental de "Burning Bridges" con novo nome. Agora que David Gilmour anuncia novo material para este mesmo ano, malia que estea baseado nas sesións de The Division Bell (1994) e Roger Waters non parece que vaia participar, é un bo momento para retomar algunhas das cancións anteriores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario