Bernard Purdie é un batería que traballou como músico de sesión para discográficas tan importantes coma EMI e Capitol, o que lle deu a oportunidade de participar na gravación de álbums dalgúns dos mellores artistas e grupos da talla de James Brown, Aretha Franklin, Miles Davis e Joe Cocker, entre outros. Gran coñecedor do blues e do jazz, Purdie tamén asinou unha fructífera carreira en solitario desde os anos 60 cun son que algúns cualifican de protofunk. Pero a Bernard Purdie recórdase sobre todo pola variación que creou á batería, unha maneira moi particular que lle valeu o recoñecemento de músicos e que se coñece como Purdie shuffle en honor ó seu creador. Algunhas cancións moi coñecidas empregan esta técnica na súa execución. Antes de dedicarnos a elas, vexamos en que consiste o Purdie shuffle da man do propio autor.
http://youtu.be/6FX_84iWPLU
Un dos primeiros grupos en utilizar esta técnica foi Steely Dan na canción "Home at Last", no álbum Aja (1977). Bernard Purdie traballara con eles no disco anterior, The Royal Scam (1976) e volveu repetir en Aja, polo que era natural que nalgunha canción aparecese o famoso Purdie shuffle.
http://youtu.be/sea3lnVgyrY
Esa non sería a última vez que Steely Dan recorrese o Purdie shuffle; no seguinte álbum, Gaucho (1980) empregárono de novo na canción "Babylon Sisters". http://youtu.be/pAuPMJlK92s
En 1979, Led Zeppelin, sempre tan atentos ás innovacións que afectasen ó rock, usárono en "Fool in the Rain", tema do álbum In Through the Out Door.
http://youtu.be/c6hpI4_Sm-8
Aínda o Purdie shuffle pode escoitarse en cancións relativamente recentes coma a de Death Cab for Cutie "Grapevines Fires", pertencente ó disco Narrow Stairs (2008).
http://youtu.be/Yu4qQKlyF7s
Pero sen dúbida a canción con esta técnica que máis éxito tivo foi a de Toto "Rosanna", que aparece no álbum Toto IV (1982).
http://youtu.be/11f4BgJKxJc
A sona desta canción de Toto serviulle a Art of Noise para elaborar "Beat Box", unha das cancións máis destacadas que se atopan no álbum Who's Afraid of the Art of Noise? (1984) e que anteriormente aparecera no EP Into Battle with Art of Noise (1983).
http://youtu.be/gFzfRUn1QVo

Ningún comentario:
Publicar un comentario