Hai ocasións en que coinciden varios xenios e o resultado adoita ser un álbum memorable. Pechada definitivamente a etapa con The Velvet Underground, Lou Reed preparaba o segundo disco e a idea era facer que fose totalmente rompedor. Para iso púxose ás ordes de Mick Ronson e de David Bowie na produción. Lou Reed xa tiña compostas as cancións, unhas letras que trataban tódolos temas tabús que ata daquela só apareceran nas cancións doutros artistas de forma velada, pero que Lou Reed decidiu referirse a elas abertamente: drogas, prostitución, transexualidade, etc. é a temática pola que transcorren as cancións de Transformer (1972) e se hai unha canción que mesmo transcendeu a carreira de Lou Reed, esa é o corte 5 do álbum: "Walk on the Wild Side". O título sacouno Reed da novela de Nelson Algren de 1956, A Walk on the Wild Side que tamén inspirou outras cancións del da mesma época.
A novela de Nelson Algren fora levada ó cine unha década antes e da banda sonora se encargou Mack David na letra e Elmer Bernstein na interpretación. Malia que en clave jazz, algúns apuntan que tamén foi decisiva ó inspirar a Lou Reed.
A canción de Lou Reed acadou tanta popularidade, especialmente coa súa melodía, que serviu para inspirar outras cancións, coma a de Boudewijn de Groot "Jimmy", do álbum Hoe sterk is de eenzame fietser (1973), cuxa parte final parece toda unha homenaxe a Lou Reed.
http://youtu.be/CY7JwcKo-LQ
O mesmo se pode aplicar para a de Rod Stewart "The Killing of Georgie", do álbum A Night on the Town (1976).
http://youtu.be/CY7JwcKo-LQ
O mesmo se pode aplicar para a de Rod Stewart "The Killing of Georgie", do álbum A Night on the Town (1976).
http://youtu.be/skoLCUj1SwI
E logo está a canción de Third Eye Blind "Semi-Charmed Life", pertencente ó álbum epónimo da banda publicado en 1997, onde lle dan a volta ó sentido da canción de Lou Reed. En "Semi-Charmed Lilfe" búscase o optimismo que lle falta a de Lou Reed, as luces que están ausentes na canción orixinal.
http://youtu.be/tC1NR7AL_9s

Ningún comentario:
Publicar un comentario