Richard D. James é dos músicos de música electrónica que adoitan agocharse baixo varios pseudónimos para traballar en distintos proxectos. Aphex Twin é quizais co que colleu máis sona, a pesar do paréntese de cino anos que se tomou trala publicación do cuarto disco no afastado 1996. Pero nese lustro estivo preparando un dobre álbum que vería a luz en 2001 co título Drukqs. Agora que Aphex Twin volve á actualidade cun novo traballo, Syro (2014), vale a pena rescatar unha das cancións de Drukqs que máis relevancia tivo, e non precisamente polo ton electrónico, xa que se trata dunha balada instrumental a piano que logrou engaiolar mesmo a Kanye West. Trátase naturalmente de "Avril 14th", unha canción que non chega ós dous minutos de duración, pero cunha fermosa melodía.
Como xa comentabamos antes, a curta duración de "Avril 14th" foi suficiente para que Kanye West ensamblase unha das cancións máis bonitas de My Beautiful Dark Twisted Fantasy (2010). Acompañado de John Legend, "Blame Game" nin sequera foi elixido como single para promocionar o álbum, pero non cabe dúbida de que é unha das mellores cancións dese fantástico disco.
Ningún comentario:
Publicar un comentario