venres, 3 de outubro de 2014

I Want Your Soul

Hai dj's e produtores de música house e similares que parecen auténticos meigos das mesturas de discos. Coma se dun batidor se tratase, collen unhas poucas cancións de estilos diferentes e xogan con elas nos pratos ata elaborar un novo son. Outro cantar é se o resultado final é unha obra mestra ou unha trapallada que consegue estragar todo encanto que poidan ter as cancións orixinais, aínda que normalmente adoita rematar en algo totalmente inocuo. Neste enorme campo da experimentación Armand Van Helden desenvólvese perfectamente desde que debutou cun álbum en 1996 e dende entón a súa música soa nas pistas de baile de maneira habitual. Ghettoblaster (2007) é o sétimo traballo discográfico de Van Helden, onde se atopa "I Want Your Soul", canción que non é nada doutro mundo, pero que se cimenta en dúas cancións dos anos 80.


O son de fondo de "I Want Your Soul" procede de "Everything Counts", unha das cancións máis coñecidas do terceiro disco de Depeche Mode, Construction Time Again (1983).


O retrouso é a voz principal de "I Want Your Soul" está sacado directamente de "Do You Want Right Now", canción de Siedah Garret que aparece na banda sonora de Fast Forward (1985).

Ningún comentario:

Publicar un comentario