Tony! Toni! Toné!, o grupo no que Raphael Saadiq medrou como artista, consagrouse co terceiro álbum, Sons of Soul (1993), onde deixaban claro desde o título as influencias e o son que conformaba a súa música. O álbum é un conxunto de cancións soul e funk con ecos claros dos anos 60 e 70 cando as discográficas Stax e Tamla Motown dominaban o mercado do soul. O segundo single, "Leavin'", reproduce ben as referencias máis directas das que bebe a música de Tony! Toni! Toné! centrándose especialmente no estilo que Smoke Robinson lle imprimiu á obra de seu con The Miracles e que logo lle transmitiu a The Temptations. Pero ademais, tamén miran cara a unha das bandas máis importantesdo hip hop dos 80, A Tribe Called Quest, o que fai de "Leavin'" unha das cancións máis variadas no repertorio de Tony! Toni! Toné!.
http://youtu.be/hslicRJIoeg
"Leavin'" ten ecos de "I Second That Emotion", tema que Smoke Robinson gravou con The Miracles no recompilatorio Greatest Hits, Vol. 2 (1968).
"Leavin'" ten ecos de "I Second That Emotion", tema que Smoke Robinson gravou con The Miracles no recompilatorio Greatest Hits, Vol. 2 (1968).
http://youtu.be/mv9cWgkpIZ4
Pero o son de "Leavin'" débelle moito ó tema de A Tribe Called Quest "If the Papes Comes", da banda sonora da película Mi vida loca (1990), xa que toman un sample para completar "Leavin'".
Pero o son de "Leavin'" débelle moito ó tema de A Tribe Called Quest "If the Papes Comes", da banda sonora da película Mi vida loca (1990), xa que toman un sample para completar "Leavin'".
Ningún comentario:
Publicar un comentario