"You Won't Be Satisfied (Until You Break My Heart)" é unha das cancións máis famosas composta por Teddy Powell e Larry Stock. É un suave swing que encumbrou en 1946 á orquestra de Les Brown que a gravou contando coa colaboración de Doris Day, que lle puxo a voz á composición de Powell e Stock. Non tardou en converterse nunha das grandes cancións do seu tempo e ese mesmo ano aparecen novas versións coma a conxunta de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong, e a de Perry Como with The Satisfiers, que a elevaron á categoría de clásico.
A de Ella Fitzgerald e Louis Armstrong tamén é unha fantástica versión que contribíu ó éxito de "You Won't Be Satisfied (Until You Break My Heart).
Cando xa parecía que a canción que gravara por primeira vez Doris Day quedara no esquecemento, Amy Winehouse rescatouna para que lle servise de base a "Help Yourself", unha das cancións do seu debut Frank (2003).
Ningún comentario:
Publicar un comentario