mércores, 1 de outubro de 2014

Caroline

Status Quo era xa unha banda rodada cando publicaron o sexto disco, Hello! (1973), malia que as cancións favoritas do gran público aínda estaban por chegar. Con todo, a banda inglesa comezara había tempo o seu ascenso cara á gloria devagar, pero con paso firme e íbano acreditando con cada novo traballo que sacaban. Con Hello! conseguiron situarse á cabeza das listas de vendas do Reino Unido por primeira vez e iso que só editaron un single, "Caroline", que co paso do tempo, caeu nunha especie de esquecemento ó igual có resto de cancións que compoñen ó álbum. De todos modos, moitos identifican este disco de Status Quo como ó das cancións con título de nomes de muller, coma o xa citado "Caroline", pero tamén está "Claudie" e a cara B de "Caroline" é "Joanne", que só se incluíu no álbum na reedición de 2005. Nesta ocasión, quedamos con "Caroline".


Apollo 4.40 adoptou o son de "Caroline" a "Stop the Rock", canción estrela do álbum Gettin' High on Your Own Supply (1999).

Ningún comentario:

Publicar un comentario