Hai moitos anos que os Rolling Stones deixaron de gravar temas exclusivamente instrumentais, pero no seus comezos non resultaba raro atopar algunha canción carente de voz e onde simplemente se pode desfrutar da música. Ese é o caso de "2120 South Michigan Avenue", un tema que apareceu por primeira vez no EP Five by Five (1964) e que sería o xermolo do segundo álbum de longa duración dos Stones, 12 X 5 (1964), que viu a luz poucos meses despois do EP. "South Michigan Avenue" é tamén das escasas cancións que levan a sinatura de tódolos membros que compuñan a banda naquel momento, aínda que o fixeron baixo o pseudónimo Nanker Phelge. O título fai referecia á direccción de Chess Records, a discográfica de Chicago especializada en blues, soul e rock and roll.
Sly Stone, antes de montar cos seus parentes Sly and the Stone Family, sacou unha canción chamada "Buttermilk" (1965) que reproduce a música da canción dos Stones. Case se podería dicir que é unha versión con letra de "2120 South Michigan Avenue".
Ningún comentario:
Publicar un comentario