Rush é unha das bandas de rock canadenses máis importantes dos anos setenta. O grupo composto por Geddy Lee, Alex Lifeson, Neil Peart, John Rutsey e Jeff Jones irradiou dende Toronto cancións cargadas de rock progresivo que chegaron a callar no imaxinario da época e que xa forman parte da historia do rock. Desde o seu debut cun álbum epónimo, Rush deu mostras de ser unha das bandas máis prolíficas do panorama musical ó sacar unha media de dous discos por ano sen que o seu nivel se resentise. A Farewell to Kings (1977) é o quinto álbum de Rush e velaquí unhas das súas cancións, "Closer to the Heart", cuxa influencia indirecta parece que repercutiu nalgunhas cancións de décadas posteriores.
https://youtu.be/quBCjo2rUZg
A gran canción de The La's, "There She Goes", de 1988 e que logo aparecería no único álbum da banda que se editou dous anos despois, ten un lixeiro aire no comezo á "Closer to the Heart", malia que logo as dúas cancións se diferencien en tódolos aspectos.
https://youtu.be/eu2iv-vMKT8
E tamén se pode dicir, aínda que con moitas reservas, que hai algún eco da canción de Rush no maior éxito doutro canadense, Tal Bachman, ó igual que sucede coa de The La's; "She's So High" deulle sona o seu álbum epónimo de debut, que se publicou en 1999.
https://youtu.be/_ElORM9O-0U

Pero se hai unha canción que se pode considerar unha sombra de "Closer to the Heart" é a de Landon Pigg "Falling in Love at a Coffe Shop", single de 2007.
Ningún comentario:
Publicar un comentario