A pesar de que levan desde os seus comezos publicando álbums de xeito bastante regular, o certo é que os Doobie Brothers son coñecidos sobre todo por "Long Train Running'", single do terceiro álbum da banda, The Captain and Me (1973). De feito, The Doobie Brothers, caracterizados sempre por facer rock, introduciron en "Long Train Runnin'" unha innegable influencia funk que a converte nunha das cancións máis especiais da década, entrelazando así os dous xéneros musicais predominantes daquela época. A canción ten o sobrenome de "Without Love", pola de veces que se repite na parte máis importante do retrouso.
https://youtu.be/tnD0eVdHJfI
Quizais a versión máis curiosa que se ten feito de "Long Train Runnin'" é a de Bananarama no álbum Pop Life (1991). Ó estilo bailable que o trío lle imprimía a tódalas cancións que versionaban, engadiuse para a ocasión o son da guitarra flamenca dos Gipsy Kings.
https://youtu.be/eewNjN92h0M
Un ano despois, La Unión adaptaba á canción dos Dubbie Brothers ó castelán co título "Tren de largo recorrido", que tamén lle daba nome ó álbum en directo da banda madrileña.
https://youtu.be/8Zfb7Vu19cw

Ningún comentario:
Publicar un comentario