O estilo co que James Taylor interpreta as súas composicións, especialmente as baladas, creou escola noutros cantautores. O ton da súa voz, exquisitamente suave, o son da guitarra e o resto do acompañamento musical lembran por veces ás nanas, coma se fosen cancións co obxecto de combater noites de insomnio, e un exceso de melancolía son as razóns que alegan os detractores da súa música, aínda que iso non impide que boa parte da crítica o considere un dos cantautores folk cunha grande sensibilidade. "Fire and Rain", pertencente a Sweet Baby James (1970), o seu segundo álbum, é unha das máis típicas de Taylor, pero desta volta, o sentimento de tristura que inspira está máis que xustificado, xa que Taylor compúxoa tralo pasamento dunha amiga da infancia por culpa das drogas.
Bruce Springsteen seguiu o estilo particular de James Taylor, concretamente a que inspira "Fire and Rain", na canción "Nebraska", que lle dá título ó album que o boss editou en 1982.
E pode considerarse un remedo de "Nebraska" a canción "The New Timer", unha das cancións do álbum The Ghost of Tom Joad (1995), coma se Springsteen reciclase a súa antiga canción cunha nova letra, pero cunha melodía similar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario