Freddie King é un dos últimos bluesmen que influíu notablemente nunha xeración de músicos que aunaba os sons dos blues coas novas correntes do rock. Comezou a editar singles a mediados dos anos cincuenta pero non sería ata a década seguinte cando por fin apareceu o seu primeiro álbum Freddy King Sings (1961); unha ducia de cancións que contén algunhas pezas memorables que sitúan a King á altura dos grandes mestres. Unha delas é "I'm Tore Down", un tema asinado por Sonny Thompson, veterano músico que daquela se dedicaba sobre todo a compoñer para outros artistas, e con Freddie King escribiu unha morea de cancións que acabaron por formar parte da discografía de King.
Eric Clapton recuperou a vella composición de Sonny Thompson para o seu álbum de versións de blues From the Cradle (1994), onde Man Lenta interpreta dezaseis clásicos do blues.
Ningún comentario:
Publicar un comentario