Resulta difícil crer que o denostado (e con razón) Gary Glitter, noticia ultimamente polos escándalos sexuais con menores, fose no seu día un reputado músico e presentador de televisión que gozaba do respeto da sociedade. Ó abeiro do glam rock que Marc Bolan e David Bowie postularan pouco antes, Glitter construíu a súa carreira que se estreou coa publicación do seu primeiro álbum, Glitter (1972), onde entre algunhas versións de pioneiros coma Chuck Berry e Ritchie Valens, presentaba varios temas propios. O máis coñecido e que máis fama lle reportou é "Rock and Roll", tema dividido en dúas partes; a primeira é o primeiro corte do álbum e a segunda, o último. A segunda parte é unha peza practicamene instrumental que se reproduce cada pouco tempo en calquera tipo de evento.
https://youtu.be/Nras3c8r45k
Unha das cancións máis populares de The Black Keys é "Gold on the Ceiling", single do exitoso álbum El Camino (2012). Entre as influencias que se recollen nesta canción, algúns críticos aprecian algún eco da segunda parte de "Rock and Roll".
https://youtu.be/OAdTbE9LAtY

Ningún comentario:
Publicar un comentario