Levaban xa oito discos publicados cando The Whispers deron con esa canción que abre as portas da inmotalidade musical. Curiosamente o noveno álbum na que a incluíron era o primeiro co título da banda, The Whispers (1980), como se decidisen comezar de cero. E vaia se o fixeron, porque "And the Beat Goes On" tivo un éxito que ningunha ds cancións que gravaran antes puido lograr. E iso que as outras non son especialmente malas, pero desde logo non estiveron marcadas pola sorte. "And the Beat Goes On" conta con varias versións e outras tantas cancións beneficiáronse do seu son.
Monie Love foi unha das primeiras en sacarlle proveito a "And the Beat Goes On". Foi coa canción "I Can Do This", single do seu primeiro álbum Down to Earth (1990)
Tamén C.J. Lewis colleu as bases de "And the Beats Goes On" para a canción "R to the A" co que presentaba o álbum Rough 'N' Smooth (1995).
Ningún comentario:
Publicar un comentario