Os himnos gospel tradicionais tamén tiveron unha grande acollida na música popular, sobre todo a raíz das gravacións dos cantantes de soul e R&B, que non dubidaban en incluílas nos seus traballos discográficos. Polo tanto, a calquera que lle guste minimamente a música se lle ocorren un par de títulos. Un deles é con toda probabilidade "Amen", que The Impressions e Curtis Mayfield prepararon para a banda sonora da película de Sidney Poitier Lilies of the Field (1963). Malia que non era a primeira vez que se gravaba este himno, xa o fixeran the Wings Over Jordan Choir en 1948, a nova versión puxo en primeira liña a "Amen", grazas ó empuxe do cine, ademais da coidada produción e os arranxos que Jester Hairston fixo para a ocasión.
"Amen" contou con versións de artistas tan importantes coma Otis Redding, pero é a de The Winstons a que acadou maior notoriedade debido a secuencia de batería de G. C. Coleman. Rebautizada co título "Amen Break", editouse en 1969 e desde ese momento, son innumerables a de veces que outros músicos "tomaron prestada" esa secuencia, tanto que hai poucas semanas saíu unha sentenza na que se lle recoñece dereitos de "royalties" a G. C. Coleman polo uso indebido da súa creación. Aínda que se ten que pór no xulgado tódolos casos e acabasen por darlle a razón, faríase de ouro.
Aquí van ó chou algúns exemplos recoñecidos que se aproveitaron en algunnha medida do "Amen Break". Son cancións que saíron no mesmo ano, o que dá idea do tirón da secuencia. A primeira é o "Firestarter" de The Prodigy, do álbum The Fat of the Land (1997).
https://youtu.be/WW6-b5nNb9U
Cando saíu o álbum de The Prodigy a crítica viu un achegamentoa música de Nine Inch Nails, o que non deixa de ser verdade, pois a banda de Liam Howlett ten en común coa de Trent Reznor o mesmo gusto por "Amen Break", como se pode apreciar en "The Perfect Drug", canción da banda sonora da película Lost Highway (1997).
https://youtu.be/c-QnnLudkQA
E como non podía ser doutro modo, Oasis non podían quedar atrás e tomaron algunha parte en "D'You Know What I Mean", single co que os Gallagher presentaban Be Here Now (1997).
https://youtu.be/GjwRIjrC4io

Ningún comentario:
Publicar un comentario