O folk e o rock progresivo uníronse maxistralmente na música das principais bandas de rock dos setenta. Unha delas, Jethro Tull, conxugou á perfección o estilo tradicional cos sons modernos que se estaban desenvolvendo no rock. A extensa discografía da banda británica culminouse co espectacular Aqualung (1971), o seu cuarto álbum, toda unha obra mestra que tería continuidade cos sucesivos discos. Catro anos despois, Ian Anderson e os seus compañeiros editaban Minstrel in the Gallery (1975), o oitavo álbum xa na andaina da banda, cuxa canción que lle dá título tamén foi o primeiro single.
O riff de "Minstrel in the Gallery" inspirou a James Young para crear a canción de Styx "Miss America", pertencente ó ´álbum The Grand Illusion (1977).
Ningún comentario:
Publicar un comentario