O terceiro álbum sempre marca definitivamente a traxectoria de calquera banda; conságrase ou comeza unha etapa de decadencia que se pode reconducir cun novo álbum, pero sempre é un momento transcendente. No caso de The Beatles non é diferente e en A Hard Day's Night (1964) os de Liverpool xa deixaban ás claras que estaban chamados a facer cousas grandes. Por primeira vez non se inclúe ningunha versión, e as trece cancións que compoñen o disco levan a sinatura de John, Paul e George. Posiblemente, a decisión de que todas as cancións sexan orixinais dos Beatles teña que ver co feito de que A Hard Day's Night estea concebido como a banda sonora da película do mesmo nome que o grupo protagonizou e onde se recollían as vicisitudes dos Beatles en torno ó fenómeno fan que xa provocaban. "Things We Said Today" é unha das cancións do álbum, malia non ser das máis recordadas.
Jackie DeShannon colocou nas listas de Estados Unidos unha versión de "Things We Said Today" en 1978, que acadou tanta popularidade como a orixinal.
Moitos críticos sinalan que a canción que Graham Gouldman compuxo para The Hollies, "Bus Stop", e que foi un dos maiores éxitos da banda en 1966, ten un parecido máis que razoable coa canción dos Beatles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario