Non son moitas as bandas de hard rock e power pop comandadas por mulleres que acadaron as cotas máis altas do éxito. No entanto, Heart foi unha banda pioneira nese sentido e o seu son inspirou a unha manchea de mozas que logo haberían de ter un protagonismo destacado en movementos como o punk e o grunge. Malia non formar parte das orixes da banda, as irmáns Wilson, Ann e Nancy, son as caras visibles de Heart desde que o grupo de estabilizou e empezou a editar discos, establecendo así un paralelismo con outras bandas como Fleetwood Mac. Bad Animals (1987) é o noveno álbum desta consagrada formación e nela está a canción "Alone", que Heart popularizou, pois en realidade está sacada dunha comedia da CBS, que se transmitira anos antes.
Celine Dion recuperou a canción de Heart no seu álbum Taking Chances (2007) no que constitúe a versión máis importante que se ten feito ata de "Alone" ata o de agora.
Parece que nos últimos anos a canción de Heart recolectou moitos asiduos entre os artistas novos, que aproveitan para incorporar algún anaco ás súas propias cancións. Un exemplo é o de Jason Derülo e a canción "What if", pertencente ó album epónimo que lle serviu de debut en 2010. O piano está tomado directamente de "Alone".
Outro exemplo é o de Alyssa Reid, que fai unha particular versión de "Alone", onde introduce algúns cambios na letra amais de engadirlle unha parte de hip hop, polo que non se pode falar estrictamente dunha canción nova con elementos doutra antiga. A versión reformada leva o título de "Alone Again" e pertence ó album de debut desta canadense, The Game (2011).
Ningún comentario:
Publicar un comentario