As primeiras faíscas de rock sinfónico e de rock progresivo prenderon na música co debut de Procol Harum, unha banda inglesa cuxo primeiro álbum, na versión americana, contén a fenomenal "A Whiter Shade of Pale", unha canción que non tardou en ser declarada como unha das mellores da historia. A perfecta combinación dun rock suave xunto con sons sacados da música clásica conferírenlle á melodía unha elegancia que en plena era psicodélica era moi difícil de atopar. Non obstante, a gran creación de Procol Harum, ( ningunha das súas cancións posteriores chegou a producir os mesmos efecto ca esta), débelle moito á música de Bach, que, como xa temos comentado algunha vez, é o compositor clásic favorito da música moderna, pero ata o momento ninguén o soubo trasladar ós novos xéneros tan ben como Procol Harum.
Na elaboración de "A Whiter Shade of Pale" interveñen tres obras de Johann Sebastian Bach, segundo boa parte da crítica, que en ningún caso dubida da contribución do compositor alemán á canción de Procol Harum. Sinálanse as seguintes pezas:
A primeira é "Air on the G Srting", da que volveremos a falar máis adiante: https://youtu.be/U7RYSQvrUrc
"BWV 156": https://youtu.be/sUEnjmFYpuU
"Sleepers Awake": https://youtu.be/9sd9gOhjv3o
Pero hai quen tamén apunta que en "A Whiter Shade of Pale" tamén se aprecia a influencia da canciónde Percy Sledge "When a Man Loves a Woman", canción que saíu como single en 1966, malia que máis ben habería que falar novamente da sombra de Bach, esta vez planeando sobre esta canción de Sledge.
https://youtu.be/7lp7FtJXp7k
En España versionouse sucesivamente a canción de Procol Harum co título traducido. Unha das maáis coñecidas é a de Los Salvajes "Con su blanca palidez"
https://youtu.be/J-kutAtCWyo
En España versionouse sucesivamente a canción de Procol Harum co título traducido. Unha das maáis coñecidas é a de Los Salvajes "Con su blanca palidez"
https://youtu.be/J-kutAtCWyo
Pero a transcendencia da canción de Procol Harum tivo o seu reflexo na canción de Serge Gainsbourg "Je t'aime... moi non plus" que interpreta xunto con Jane Birkin no álbum conxunto que ambos gravaron en 1969. Á famosa canción subidiña de ton, que non deixaba indiferente a ningúen, tamén se lle criticou o seu máis que parecido con "AWhiter Shade of Pale" e Gainsbourg sempre se defendeu sinalando que Procol Harum copiaran a Bach.
Á parte das numerosas versión de "Je t'aime... moi non plus", Texas tomou algúns d elementos para "Guitar Song", canción que aparece no compilatorio da banda escocesa The Greatest Hits (2001).
Se aínda non vos perdestes, volvemos a "Air on the G Sting" de Bach, que como diciamos, é un filón na música contemporánea. De feito, o maior éxito de Sweetbox, "Everything's Gonna Alright", do álbum epónimo de 1997, basea a melodía na da peza de Bach.
Ningún comentario:
Publicar un comentario