Malia que "Still in Love with You", pertencente ó noveno álbum de Thin Lizzy, Nightlife (1974), non chegou a saír como single, co tempo foise convertindo nunha das cancións máis coñecidas dese álbum, en parte porque Thin Lizzy a incluíu sucesivamente nos seus discos en directo e tamén debido á versión que doce anos despois Bobby Tench publicou coma un tributo a Phil Lynott, membro fundador e líder de Thin Lizzy, e autor de "Still in Love with You", quen faleceu aquel ano. Esta canción é a principal achega da banda irlandesa ó xénero das baladas rock, que empezou a despuntar nos setenta e acadaría o seu maior esplendor na década seguinte.
Bobby Tench gravou unha popular versión de "Still in Love with You", que editou en 1986. Para a ocasión contou co guitarrista de Thin Lizzy Brian Robertson.
Outra versión máis recente é a que Sade gravou para promocionar o seu compilatorio de grandes éxitos The Ultimate Collection (2011) con tintes de soul.
Ningún comentario:
Publicar un comentario