A enorme contribución que Francia ten feito a música electrónica desde comezos de século complétase coa irrupción de Sébastian Tellier, un músico que desde o ámbito indie labrou unha importante reputación entre a crítica. O primeiro álbum, L' incroyable verité (2001) non despertou moito fervor, pero xa co segundo, Politics (2004), a atención comezou a recaer en Tellier, especialmente por cancións coma "La Ritournelle", que lle abriron as portas do panorama internacional. O electropop que encerra cada nota desta canción pon de relevo que aínda se poden facer cousas interesantes nun xénero que por veces nas últimas décadas, dá a impresión de estar esgotado.
Unha das últimas sensacións do momento, The Weeknd, incluíu algúns elementos de "La Ritournelle", na canción que lle dá título ó álbum Kiss Land (2013), co que o canadense debutaba.
Ningún comentario:
Publicar un comentario