Hai uns días, cando presentamos a canción de Fleetwood Mac "Second Hand News" comentabamos que Lindsey Buckingham a ideara tras escoitar un tema de Bee Gees que indirectamente lle serviu de inspiración. Ese tema é "Jive Talkin'", single de promoción do álbum Main Course (1973). Desde había algúns anos, a música funk estaba cada vez máis presente nos álbums do grupo dos irmáns Gibb en detrimento do rock que marcou os seus comezos e o éxito de "Jive Talkin'" marcou un punto de non retorno que se habería de consagrar con Saturday Night Fever (1977). Como moitos temas funk, "Jive Talkin'" tamén recibe influencias doutros que uns anos antes lograran triunfar.
No caso de "Jive Talkin'" adóitase citar dúas cancións que seica foron imprescindibles na súa elaboración. Un deles é o de Little Sister composto por Sly Johnson "You're the One", single de 1970.
O outro é a gran canción de Shirley & Company "Shame, Shame, Shame" do álbum do mesmo título editado en 1974, do que toma algún elemento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario