luns, 7 de setembro de 2015

Baby Hold On

Malia que os últimos traballos discográficos que ten editado pasaron bastante desapercibidos, Eddie Money tivo un debut que xa quixesen para si moitos músicos. No seu álbum epónimo, publicado en 1977, co que daba comezo a súa aventura musical, Money rodeouse de músicos solventes cos que executou as nove cancións orixinais e a versión do tema de Smokey Robinson "You've Really Got a Hold Me" que compoñen o álbum. O single de promoción foi o corte 6, "Baby Hold On", que logrou situarse nos postos altos das listas de vendas. Xunto cos dous singles posteriores, "Two Tickets to Paradise" e a xa citada versión de Smokey Robinson, "Baby Hold On" segue sendo unha das cancións de referencia de Eddie Money.


"Baby Hold On" proporcionoulle a base a The Ting Tings para a súa canción "Great DJ", do seu primeiro álbum We Started Nothing (2008), co que estes dous mozos se deron a coñecer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario